Rosón

Rosón

Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de azul, un castelo de ouro, superado dun crecente de prata e acompañado de cinco estrelas do primeiro, postas en orla, dúas en cada flanco e unha en punta; bordo de ouro, cargado de oito rosas de goles, ao natural, con talo e unha folla de sinople.