Rossetti, Dante Gabriele
Pintor e poeta, irmán de Christina G. e William M. Rossetti. Foi un dos fundadores da Pre-Raphaelite Brotherhood. Desde 1845 a 1858, pintou sobre todo acuarelas con temas de Dante, Shakespeare, Bowning e do círculo do Rei Artur. En 1859 volveu á pintura ao óleo e axiña se apartou do prerrafaelismo, aínda que conservou os temas medievais. A súa preocupación esencial foi a figura feminina. Destacan os retratos da súa esposa, Elisabeth Siddal (1855), Beata Beatrix (1863), e o da súa modelo, Jane Morris, esposa de W. Morris, de quen se namorou, titulado Proserpina (1874). O seu estilo, botticeliano e lineal, converteuse en máis libre e as composicións perderon simplicidade para facerse máis complicadas como Astaré Siríaca (1877). Influíu moito no simbolismo e o modernismo. Destacado membro do prerrafaelismo literario, fundou co seu irmán a revista The Germ e publicou Poems (1870), Ballad and Sonets (1881) e The Early Italian Poets (1861).
Cronoloxía
-
Deceso
Lugar : Birchington -
Nacemento
Lugar : Londres -
Deceso
Lugar : Sea, Kent