Rostov

Rostov

Cidade da oblast’ de Jaroslavl’, Rusia, chamada tamén Rostov de Jaroslavl’ ou Rostov a Grande (35.000 h [estim 1990]). Apresada polos mongois (1239-1242), en 1474 someteuse ao dominio de Moscova. Dentro do kremlin (s XVIII) atópasen as igrexas do Tránsito (1214), San Xoán Evanxelista e a catedral da Resurrección, ambas as dúas anteriores ao s XIII.