rotación
(
-
s
f
-
Acción e efecto de rotar.
-
[FÍS/IND]
Movemento dun sólido cuxos puntos describen circunferencias cos centros aliñados e fixos, contidos nunha recta chamada eixe de rotación. A velocidade angular, Dω do movemento de rotación circular de todos os puntos denomínase velocidade de rotación do sólido, e o vector, ω dirixido segundo o eixe de rotación e de módulo ù, vector de velocidade angular ou vector de rotación. Pódese demostrar facilmente que cando se move un sólido de calquera maneira sempre se pode descompor o movemento nun instante t, nun movemento de rotación e noutro de translación. O eixe respecto ao que ten lugar este movemento denomínase eixe instantáneo de rotación, cambiando no transcurso do tempo. Nun estudo da relatividade espacial, as rotacións teñen un papel salientable no espazo de catro dimensións.
-
-
[ASTRON]
-
s
f
Movemento dun astro arredor dun eixe, denominado eixe de rotación. No caso da Terra, a rotación define o día.
-
rotación capturada/ cativa
Rotación dun satélite arredor de si mesmo. Cando ocorre, o satélite sempre lle mostra ao planeta, arredor do que xira, o mesmo hemisferio. Este, á vez que xira, móvese arredor do planeta. O tempo que tarda o satélite en dar unha volta completa arredor de si mesmo, debe ser exactamente igual ca o tempo empregado en completar a translación arredor do planeta.
-
s
f
-
s
f
[XEOL/FÍS/QUÍM]
Desprazamento sen deformación dunha figura, de xeito que co seu movemento cada un dos puntos xira co mesmo ángulo e no mesmo sentido arredor dunha recta nunha determinada posición; isto denomínase eixe de rotación. A rotación helicoidal é unha operación de simetría caracterizada por unha rotación acompañada dun desprazamento de acordo co eixe de rotación chamado, neste caso, eixe helicoidal.
-
s
f
[DEP]
-
Desprazamento, en voleibol, en que os xogadores avanzan simultaneamente unha posición no sentido das agullas do reloxo.
-
Desprazamento ordenado de todos os ximnastas dun aparato mecánico a outro.
-
-
s
f
[MAT]
Transformación xeométrica que constitúe un dos movementos ríxidos do plano ou do espazo, conservando as distancias (medidas e forma) e a orientación das figuras sobre as que se aplica. No plano considérase a rotación arredor dun punto (fixo), a que se corresponde con movementos ríxidos circulares do centro ao punto dado. No espazo considérase a rotación arredor dunha liña, aquela en que calquera punto dunha figura se move en sentido circular arredor da liña dada (eixe de rotación), nun plano perpendicular a esta, pasando polo punto dado. Unha rotación de eixes correspóndese cunha rotación que deixa fixa a orixe de coordenadas. Mediante as rotacións de eixes simplifícanse as ecuacións dalgunhas figuras xeométricas simétricas.
-
s
f
[MED]
Movemento exercido sobre un dente para facilitar a súa extracción ou para corrixir a súa posición defectuosa.
-
s
f
-
Sucesión períodica que segue unha determinada orde.
-
[DER]
Sistema de cambio periódico da dirección e das funcións administrativas en certos organismos colexiados, que se dá entre o persoal destas, de xeito que uns suceden os outros nos diferentes cargos.
-
rotación de cultivos AGR
[AGR]
Técnica de cultivo baseada na alternancia ordenada de diferentes cultivos nun mesmo terreo, co fin de obter o máximo rendemento e evitar, ao mesmo tempo, o barbeito e o esgotamento do solo.
-
-
rotación interpelviana
[FISIOL/MED]
Terceiro período do parto, durante o que a cabeza do feto xira 90 o , acomodándose ao estreito inferior da pelve.
-
rotación óptica
[FÍS]
actividade óptica.