Rothacker, Erich
Rothacker, Erich
Filósofo alemán. Ensinou unha filosofía da vida construída sobre o estudo do home e as súas relacións co mundo. Desenvolveu unha antropoloxía cultural baseada no positivismo, o relativismo e o historicismo. Escribiu Logik und Systematik der Geisteswissenschaften (Lóxica e sistemática das ciencias do espírito, 1926), Geschichtsphilosophie (Filosofía da historia, 1934), Probleme der Kulturanthropologie (Problemas de antropoloxía cultural, 1942) e Mensch und Geschichte (Home e historia, 1944).
Cronoloxía
-
Deceso
Lugar : Bonn -
Nacemento
Lugar : Pforzheim