Rouvroy, Claude Henri de
Rouvroy, Claude Henri de
Pensador, conde de Saint-Simon. Foi un dos precursores da socioloxía contemporánea, mestre e colaborador de Auguste Comte. As súas obras L´ industrie, ou discussions politiques, morales et philosophiques (1817), L´organisateur (1819-1920) e Du système industriel (1821) propoñen unha sociedade sen clases, onde os industriais, os artistas e os sabios desprazan as clases ociosas como a nobreza, o clero e os militares. Defendeu unha sociedade igualitaria, cunhas mesmas oportunidades para todos. Fervente partidario do progreso, considerou o desenvolvemento da industria como substituto do papel que tivera a Igrexa noutros séculos como en Catéchisme des industrielles (1823). Os seus seguidores formaron o saint-simonismo.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : París -
Deceso