Rubén
Rubén
[ONOM]
Antropónimo masculino de orixe hebrea que se asocia tradicionalmente coa exclamación de Lía cando naceu o primeiro fillo que tivo con Xacob: Raá beonyí ‘(Deus) viu a miña aflición’. Tamén pode ser unha derivación de Ri-bal ‘león’ ou ‘lobo’. A súa festividade celébrase o 4 de agosto.