Rubicón

Rubicón

Río situado na Romaña, Italia, de curta extensión, que no s I a C marcaba a fronteira entre os territorios de Italia e os da Galia Cisalpina. Ningún maxistrado ao mando dun exército podía cruzalo sen autorización do Senado. César, aínda así, desobedecendo a orde senatorial, atravesouno (49 a C) e iniciou así a súa marcha contra Roma. A expresión cruzar o Rubicón actualmente significa tomar partido ou facer un xesto decisivo que obriga a unha liña de conduta determinada.