Rubín de Celis Oroña, Leoncio
Rubín de Celis Oroña, Leoncio
Militar e político. Participou nos preparativos do Levantamento de 1846 e mandou o exército do Sur. Despois da derrota da Batalla de Cacheiras, dirixiu o exército desde Ribadavia á Cañiza e nun descanso da tropa fuxiu xunto con outros oficiais a Portugal. Retornou amnistiado a España e acadou o grao de tenente xeneral de cabalaría. Militou na Unión Liberal e foi deputado en tres lexislaturas polo distrito de Ponte Caldelas (1858-1864) e pola sección de Vigo (1865-1866; 1869-1871). Recibiu a Orden de Isabel la Catolica (1856) e a Orden de Carlos III (1860).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ponte Caldelas