Rubinos Ramos, Xosé

Rubinos Ramos, Xosé

Mestre, poeta e relixioso. Ingresou na Compañía de Xesús en 1914 e ordenouse sacerdote en 1926. Doutorouse en Teoloxía en Quito e en Filosofía en Letras en La Habana, onde fundou e dirixiu a Academia Gertrudis Gómez de Avellaneda. Colaborador de diversas publicacións, como Vida Gallega e Diario de la Marina, das súas obras destacan O poema da Cruña (1923), en que inclúe composicións tradicionais para loar a súa cidade; Covandonga: epopeya en XV gestas (1950), de carácter épico; O velliño (Edipo na Galiza) (1951), A xesta de como a América nasceu da melodía (1953), Cervantes y Menéndez Pelayo: algunhas semejanzas (1958), Cantigas de novo xeito vello (1959), Cuentos de color del siglo (1959), Fábulas galegas pra os nenos grandes e pequenos (1960) e Cantigas de piedade (1961). Foi académico de honra da Real Academia Galega (1954) e correspondente das academias da lingua de Colombia e Cuba da Academia Nacional de Artes y Letras de Cuba.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña

  • Deceso

    Lugar : Miami