rublo

rublo

(< ruso rubl ‘recorte’)

s m [ECON]

Unidade monetaria principal de Rusia dividida en 100 copecs. Coa disolución da Unión Soviética (1991) e a crise económica subseguinte, o rublo sufriu unha forte desvalorización; non obstante, a maioría dos estados xurdidos da URSS conservaron o rublo como unidade monetaria ata que paulatinamente foron creando as súas moedas propias.

Palabras veciñas

rubir | rubisco | Rubižne | rublo | Rubl’ov, Andrej | Rubner, Max | rubor