Ruedo Ibérico

Ruedo Ibérico

Editorial fundada en París en 1961 por cinco refuxiados políticos antifranquistas. O seu obxectivo era publicar libros de historia, economía, socioloxía e política que estaban prohibidos en España por mor da censura. Nese mesmo ano convocáronse os Premios Ruedo Ibérico de Novela y Poesía. Os primeiros volumes publicados foron El laberinto español (1962), de G. Brenan; e La guerra civil española (1962), de H. Thomas. En 1964 comezou a súa distribución clandestina en España e en 1971 estendeuse a súa comercialización a distintos países de Europa. En 1977, tras a morte de Franco, instalouse en España co nome de Ibérica de Ediciones y Publicaciones, ata que sufriu unha crise económica que lle obrigou a pechar, malia a axuda económica de Isaac Díaz Pardo, en 1982. En 2002 iniciou unha segunda etapa, centrada sobre todo na divulgación do material xa publicado.