ruina montium*

ruina montium*

Método de explotación das minas a ceo aberto descrito por Plinio. Baseábase na canalización da auga desde o nacemento de ríos e arroios e o seu transporte a depósitos situados na parte alta da montaña. Unha vez enchidos estes, a auga soltábase repentinamente polas galerías abertas no interior da montaña, causando a erosión e o derrubamento das masas aluviais, que eran arrastradas ata canles de lavado. En Galicia empregouse en Folgoso do Courel e en Montefurado. Foi tamén a técnica empregada nas Médulas (León).

Palabras veciñas

ruidoso -sa | ruín | ruína | ruina montium* | Ruinart, Thierry | ruindade | ruiniforme