ruína

ruína

(< lat ruīna)

  1. s f

    Acción e efecto de arruinar ou arruinarse.

  2. s f

    Estado dunha construción derruída ou moi deteriorada.

  3. s f [ARTE]

    Restos dun ou máis edificios arruinados. A admiración polas ruínas apareceu xa no Renacemento, pero na segunda metade do s XVIII, a raíz das descubertas arqueolóxicas e dos escritos teóricos de J. J. Winckelmann, adquiriron un lugar importante na arte. Foron incluídas na paisaxe, tanto na pintura coma nos xardíns á inglesa, como manifestación da nostalxia polo pasado, propia do prerromanticismo.

  4. s f

    Perda dos ben económicos.

    Confrontacións: bancarrota.
  5. s f

    Estado no que algúen presenta un importante deterioro físico ou moral.

  6. s f

    Causa que produce unha perda económica ou un deterioro físico ou moral.

    Sinónimos: perdición.

Frases feitas

  • En ruínas. Abandonado ou moi deteriorado.

  • 2 Estar algo moi deteriorado.

  • Estar feito unha ruína 1 Estar alguén en mal estado físico ou moral.

Refráns

  • Mercar dúas sardiñas e dar catro fritidas.
  • Non é bo trato mercar caro e vender barato.
  • Nunha hora cae a casa.
  • O que vén pola frauta, vaise polo tamboril.
  • Se a pobre queres ir, mete obreiro e bótate a durmir.
  • Váiase a tenda e quédese o tendeiro.

Palabras veciñas

Ruidoira, A | ruidoso -sa | ruín | ruína | ruina montium* | Ruinart, Thierry | ruindade