ruína
(< lat ruīna)
-
s
f
Acción e efecto de arruinar ou arruinarse.
-
s
f
Estado dunha construción derruída ou moi deteriorada.
-
s
f
[ARTE]
Restos dun ou máis edificios arruinados. A admiración polas ruínas apareceu xa no Renacemento, pero na segunda metade do s XVIII, a raíz das descubertas arqueolóxicas e dos escritos teóricos de J. J. Winckelmann, adquiriron un lugar importante na arte. Foron incluídas na paisaxe, tanto na pintura coma nos xardíns á inglesa, como manifestación da nostalxia polo pasado, propia do prerromanticismo.
-
s
f
Perda dos ben económicos.
Confrontacións: bancarrota. -
s
f
Estado no que algúen presenta un importante deterioro físico ou moral.
-
s
f
Causa que produce unha perda económica ou un deterioro físico ou moral.
Sinónimos: perdición.
Frases feitas
-
En ruínas. Abandonado ou moi deteriorado.
-
2 Estar algo moi deteriorado.
-
Estar feito unha ruína 1 Estar alguén en mal estado físico ou moral.
Refráns
- Mercar dúas sardiñas e dar catro fritidas.
- Non é bo trato mercar caro e vender barato.
- Nunha hora cae a casa.
- O que vén pola frauta, vaise polo tamboril.
- Se a pobre queres ir, mete obreiro e bótate a durmir.
- Váiase a tenda e quédese o tendeiro.