ruminación

ruminación

(

s f [ZOOL]

Proceso típico da inxestión e dixestión de alimentos dos ruminantes. O alimento pasa primeiramente ao rume, onde é almacenado, mestúrase co mucus e vese sometido á acción dunha flora de bacterias que creban as moléculas de celulosa e as paredes celulares dos vexetais constituíndo unha masa abrancazada que o animal voluntariamente retorna á boca. A partir de aquí iníciase o proceso da boca á retícula, que se pecha formando unha canle que leva o alimento directamente ao cenfollas, onde se absorbe a auga, e o resto da masa alimentaria pasa ao calleiro, onde se efectúa a verdadeira dixestión, posto que este é o único compartimento onde se produce pepsina. Este mecanismo dixestivo permite aos ruminantes aproveitar unha gran diversidade de plantas como fonte de alimentación, comer moita herba en pouco tempo e dixerila posteriormente.

Confrontacións

mericismo

Palabras veciñas

rumiallo | rumiar | Rumille | ruminación | ruminante | Rummel | rumor