ruptura
ruptura
(
-
s
f
Acción ou efecto de romper.
Sinónimos: rotura. -
s
f
[FÍS]
Interrupción dunha corrente eléctrica por apertura do circuíto. A ruptura produce sempre efectos prexudiciais (extracorrente e sobretensión), e por iso cómpre dispor de elementos auxiliares de protección.
-
ruptura de relacións diplomáticas
[DER]
Interrupción ou cesamento das relacións entre dous ou máis estados a consecuencia dun desacordo que se fai efectivo pola retirada dos representantes diplomáticos respectivos. É un acto de represalia ou de presión dun estado contra outro, e normalmente os seus efectos quedan paliados pola intervención dun terceiro que vela polos intereses económicos e políticos do país afectado.