ruptura

ruptura

(

  1. s f

    Acción ou efecto de romper.

    Sinónimos: rotura.
  2. s f [FÍS]

    Interrupción dunha corrente eléctrica por apertura do circuíto. A ruptura produce sempre efectos prexudiciais (extracorrente e sobretensión), e por iso cómpre dispor de elementos auxiliares de protección.

  3. ruptura de relacións diplomáticas [DER]

    Interrupción ou cesamento das relacións entre dous ou máis estados a consecuencia dun desacordo que se fai efectivo pola retirada dos representantes diplomáticos respectivos. É un acto de represalia ou de presión dun estado contra outro, e normalmente os seus efectos quedan paliados pola intervención dun terceiro que vela polos intereses económicos e políticos do país afectado.

Palabras veciñas

Ruppin | rúptil | ruptor | ruptura | Ruptura | rural | ruralismo