Rushdie, Ahmed Salman
Escritor. Formado na University of Cambridge, a súa primeira novela foi Grimus (1975). Con Midnight’s Children (1981, Premio Booker) conseguiu numerosos premios e recoñecementos. En 1983 publicou a novela Shame e unha compilación de impresións sobre a súa estadía en Nicaragua. En 1989, a súa novela The Satanic Verses desencadeou a protesta dos fundamentalistas musulmáns, e foi condenado a morte polo aiatolá Khomeynī, de Irán. A partir dese momento viviu agochado e publicou as novelas Haroum and the Sea of Stories (1990), unha obra aparentemente para mozos, chea de fantasía e dobre intención; e The Moor’s Last Sigh (1995); e os artigos políticos e ensaios literarios de Imaginary Homelands (1991). En 1998 o goberno iraniano derrogou o decreto oficial de persecución contra o escritor. Posteriormente publicou Fury (2001).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Bombai