Ruskin, John

Ruskin, John

Escritor e sociólogo. Educado nun ambiente puritano e autor dunha ampla obra escrita, levou a cabo unha intensa actividade política como reformador social e moralista, especialmente no estudo dos problemas sociais da civilización moderna. Destacou na teoría e na crítica da arte, e advertiu dos perigos da industrialización nunha clara aproximación ao socialismo. Da súa produción, de carácter impresionista, sobresae Modern Painters (1843), en que defende o paisaxismo de W. Turner; The Seven Lamps of the Architecture (1849) e The Stones of Venice (1851).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Londres

  • Deceso

    Lugar : Brantwood