Ruso-turcas, Guerras

Ruso-turcas, Guerras

Conflitos armados que tiveron lugar ao longo dos ss XVII-XIX, que reflectiron a decadencia do Imperio Otomán e unha extensión progresiva das fronteiras rusas. A máis importante foi a iniciada en 1877, cando os turcos romperon o armisticio imposto polo Tsar Alexandre II ao final da Guerra Serboturca de 1876. Mentres os exércitos rusos emprendían a conquista de Armenia, un grande exército aliado composto por 250.000 soldados rusos e 60.000 romaneses envolveu as forzas turcas ás ordes de Abdülkerim. Detidos no seu avance pola resistencia dos turcos en Pleven, os rusos, comandados por Gurko, derrotaron os turcos e chegaron ás portas de Constantinopla. O Tratado de San Stefano (1878) consagrou o proxecto ruso de crear un grande estado búlgaro.