Ruso-xaponesa, Guerra
Ruso-xaponesa, Guerra
Conflito armado que se desenvolveu en Manchuria (1904-1905), provocado pola oposición dos intereses rusos e xaponeses en Asia oriental. O imperio xaponés decidiu intervir contra Rusia cando esta se instalou en Liaodong. A escuadra xaponesa atacou Port Arthur (1904) e asegurou o dominio marítimo da zona. As forzas xaponesas desembarcaron en Corea e ocuparon Seúl, atravesaron o Yalu e apoderáronse do porto de Dalian. En 1905 produciuse a Batalla de Shenyang e a destrución da armada rusa do Báltico en Tsushima. A guerra rematou coa vitoria de Xapón e coa sinatura do Tratado de Portsmouth (1905).