Russell, Bertrand Arthur William
Filósofo, lóxico e pacifista británico. A súa primeira obra destacada, Principia Mathematica (1910-1913), teoría do tipo, deu resposta á grave crise de fundamentos que afectaba á teoría de conxuntos. O seu pensamento é coñecido co nome de atomismo lóxico. En filosofía moral e social tratou as contradicións entre o individuo e o socialismo, liberdade e orde, progresismo e pesimismo, mantendo actitudes próximas ao emotivismo en ética e socializantes en materia política. Oposto á carreira de armamento nuclear e á violencia, foi presidente do tribunal que xulgou os crimes de guerra de Vietnam. Da súa produción destacan The Analysis of Mind (1921), The Analysis of Matter (1927), Education and the Social Order (1932), Freedon versus Organization: 1814-1914 (1934), Inquiry into Meaning and Truth (1940), Physics and Experience (1945), Human Knowledge (1948), Logic and Knowledge (1956) e My Philosophical Development (1959). Foi galardoado co Premio Nobel de Literatura (1950).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Trelleck, Gales -
Deceso
Lugar : Penrhydeudraeth, Gales