Russell, Henry Norris

Russell, Henry Norris

Astrofísico. Estudou na Princeton University e foi astrónomo axudante no observatorio de Cambridge (Inglaterra). Volveu a EE UU en 1905, onde foi profesor e despois director do observatorio de Princeton e astrónomo do observatorio Wilson. En 1913 descubriu a relación entre a luminosidade e os tipos espectrais das estrelas e, para representala graficamente, ideou (con independencia de E. Hertzsprung) o diagrama de Hertzsprung-Russell. Xunto con Vogt, enunciou o teorema de Russell-Vogt.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Oyster Bay, Nova York

  • Deceso

    Lugar : Princeton, New Jersey