rústico -ca

rústico -ca

(< lat rustĭcu)

  1. adx

    Que é propio das persoas ou cousas do campo.

    Confrontacións: agreste, campestre, rural.
  2. adx

    Que está feito de maneira pouco elaborada.

  3. adx

    Que manifesta escasa ou ningunha delicadeza.

  4. adx

    Que ten costumes, maneiras ou actitudes de campesiño.

  5. adx [ARTE]

    Aplícase á obra ou á orde arquitectónica que presenta un aspecto aparentemente inacabado nalgunha das súas partes, como os perpiaños sen pulimentar. Empregouse, a partir do manierismo, no almofadado dos muros, nas doelas dos arcos e nos tambores das columnas.

Palabras veciñas

rustica | Rustici, Giovan Francesco | rusticidade | rústico -ca | rustrido | rustrir | rustro