rústico -ca
rústico -ca
(< lat rustĭcu)
-
adx
Que é propio das persoas ou cousas do campo.
Confrontacións: agreste, campestre, rural. -
adx
Que está feito de maneira pouco elaborada.
-
adx
Que manifesta escasa ou ningunha delicadeza.
-
adx
Que ten costumes, maneiras ou actitudes de campesiño.
-
adx
[ARTE]
Aplícase á obra ou á orde arquitectónica que presenta un aspecto aparentemente inacabado nalgunha das súas partes, como os perpiaños sen pulimentar. Empregouse, a partir do manierismo, no almofadado dos muros, nas doelas dos arcos e nos tambores das columnas.