Rutherford, Ernest
Físico. Estudou na University of Cambridge como alumno de J. J. Thompson e foi profesor en Montréal (1898), Manchester (1907) e Cambridge (1919), onde tamén dirixiu o Cavendish Laboratory (1919-1937). Investigou a radioactividade, os gases e a materia e estableceu un modelo de átomo (modelo atómico de Rutherford). En 1899 descubriu a radioactividade do torio e identificou os raios á e â das radiacións radioactivas. Estudou o núcleo atómico e a masa dos neutróns e, en 1906, identificou as partículas á como núcleos de helio e, con Geiger, ideou un método para contalas (1908). En 1919 descubriu a transmutación de elementos, que investigou xunto con J. Chadwick (1921-1924). Obtivo o Premio Nobel de Química en 1908 pola súa investigación na desintegración dos elementos e a química das substancias radioactivas.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Nelson, Nova Zelanda -
Deceso
Lugar : Cambridge, Inglaterra