Ruysbroek, Jan van

Ruysbroek, Jan van

Místico flamengo. Ordenado sacerdote en 1317, retirouse (1343) a un bosque de Groenendael, onde organizou en 1350 unha comunidade segundo a regra dos cóengos de San Vítor de París. A súa doutrina representa unha síntese das teoloxías escolástica e espiritual, de tendencia platonizante, do Pseudo-Denís. A súa obra Van der Cierheit der gheesteleker Brulocht (Do ordenamento das vodas espirituais), foi impugnada como favorecedora do panteísmo e contraria á constitución Benedictus Deus, de Benedito XII, sobre a visión beatífica, e máis tarde criticada por Bossuet. Venerado como beato, o seu culto foi recoñecido por Pío X en 1908. A súa festividade celébrase o 2 de decembro.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ruysbroek, Brabante

  • Deceso

    Lugar : Groenendael, Brabante