Regueifa, A
Regueifa, A
Publicación editada en Carballo a partir de xuño de 1983. Cesou en maio de 1992 (nº8). Subtitulada “Revista cultural de Bergantiños”, foi promovida pola agrupación cultural Lumieira. Aínda que tivo unha periodicidade moi irregular, a partir de 1988 saíu en maio, como contribución aos actos das Letras Galegas. De distribución gratuíta, pretendeu ser foro de debate sobre numerosos temas, como a historia, a toponimia, a ecoloxía, o feminismo e a saúde, ademais de incluír crítica e colaboracións literarias.