Revista de Administración Galega
Revista de Administración Galega
[PUBLIC]
Revista publicada en Vigo a partir de xuño de 1985. Subtitulada “Asociación de funcionarios para a normalización lingüística de Galicia”, foi coordinada por Xosé González. Supuxo a primeira iniciativa en Galicia de crear unha canle de comunicación que dera a coñecer os avances obtidos en materia de lexislación e normalización lingüística.