Revista Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses
Revista Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses
Publicación editada na Coruña a partir de 1965 que cesou cun número dobre, de 1992-1993. Creada e patrocinada polo Concello da Coruña, contou co apoio de Caixa Galicia e a Fundación Barrié de la Maza. Dirixida por Antonio Gil Merino, o seu obxectivo era ofrecer información diversa sobre a historia, a realidade e o futuro da cidade, e incluíu estudos históricos e xeográficos, de arqueoloxía e belas artes, referencias a museos, un apartado para tratar ciencias xurídicas e sociais, e unha atención especial ás ciencias económicas.