Riberas del Mendo, Las
Riberas del Mendo, Las
Semanario publicado en Bergondo a partir do 5 de xaneiro de 1889 que cesou en maio dese mesmo ano (nº18). Sucesor de El Escobón, do que continuou a súa numeración, foi fundado e dirixido por Fernando García Acuña. Nos seus artigos criticaba o concello da Coruña e para evitar a súa censura trasladou a súa redacción fóra da cidade. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos dos sucesores de Castiñeira e incluíu folletíns, moi de moda na época.