Roladas, As

Roladas, As
[PUBLIC]

Revista publicada en Madrid a partir do 1 de maio de 1922. Cesou en xuño dese mesmo ano. Subtitulada “Folla dos rapaciños galegos”, foi a primeira publicación infantil publicada en galego. Promovida por Ramón Cabanillas e Vicente Risco, incluíu noticias e artigos sobre a toponomia, o folclore galego e aqueles temas de interese que servisen para promover a cultura galega. A publicación ilustrouse con debuxos de Castelao e Antonio Palacios.

Palabras veciñas

1 rola | 2 rola | rolada | Roladas, As | Roladas-2, As | Rolán | Rolán de Santa Cruz, Francisco