Roladas-2, As
Roladas-2, As
[PUBLIC]
Revista editada en Vigo a partir de 1978 e que deixou de editarse na primavera de 1981 (nº9) cun suplemento que incluía unha tradución ao galego do texto de Vicente Risco “A vida dos nenos na aldea galega”. Foi a primeira revista pedagóxica editada en galego e serviu de antecedente para a posterior Revista Galega de Educación. Promovida polo Movemento Cooperativo de Escola Popular Galega, fomentaba a galeguización das escolas e a renovación didáctica.