Saarinen, Eero
Saarinen, Eero
Arquitecto finlandés, fillo de G. E. Saarinen. Instalouse en EE UU co seu pai (1923), con quen colaborou, e naturalizouse estadounidense. No Technical Center da General Motors, en Warren (1951-1957), utillizou un formulismo racionalista, pero en obras posteriores non puido afastarse de connotacións manieristas e historicistas medievais, como nas residencias para estudantes da University of Pennsylvania (1957-1960), a embaixada de EE UU en Londres (1955-1960) e os colleges da Yale University. Realizou tamén as terminais da TWA, no aeroporto Idlewild (actual John F. Kennedy) de Nova York (1956-1962), e do aeroporto Dulles de Washington (1961- 1962).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Kukkonumm -
Deceso
Lugar : Ann Arbor, Michigan