Sábrata
Sábrata
Antiga cidade de Tripolitania, situada na costa, 70 km ao O de Trípoli. Fundada polos fenicios no primeiro milenio a C, constituíu un imperio importante, primeiro cartaxinés, despois númida e, finalmente romano (46? a C). Florecente baixo os Antoninos e os Severos, comezou a decaer cara ao s III. Dominada polos vándalos e polos bizantinos, foi conquistada polos árabes no s VII e devastada.