Sacco-Vanzetti, proceso

Sacco-Vanzetti, proceso

Proceso xudicial que tivo lugar en Massachusetts en 1920, en que dous inmigrantes italianos de ideoloxía anarquista, Nicola Sacco e Bartolomeo Vanzetti, foron acusados de roubo e asasinato e condenados a morte. A súa execución en 1927 levantou unha onda de indignación internacional. En 1977 a xustiza estadounidense recoñeceu a inocencia dos acusados.

Palabras veciñas

Sacchi, Andrea | Sacchis, Giovanni Antonio de | sacciforme | Sacco-Vanzetti, proceso | Sacconi, Guiseppe | Saccorhiza | Sacculina