Saccorhiza

Saccorhiza
[PROTISTA]

Xénero de algas, da división das feófitas, de grandes dimensións, de ata 2,5 m de lonxitude, co talo laminar de cor parda. Viven fixadas ao substrato do nivel mesolitoral ou infralitoral mediante rizoides. En Galicia aparece a especie S. polyschides.