sacellarius*
sacellarius*
s
m
[HIST]
Funcionario das chancelarías imperiais de Oriente e Occidente, durante a Idade Media, e da curia romana que se encargaba de administrar o tesouro fiscal (saccus ou sacellus) e as esmolas. Na curia romana, desde o s XI, o cargo asumiuno o chanceler-bibliotecario e pronto se centralizou na Cámara Apostólica.