saco
(< lat saccu)
-
s
m
-
Recipiente de diversos materiais flexibles, xeralmente con forma rectangular, que ten unha abertura na súa parte superior e que serve para gardar cousas.
-
Contido dese recipiente e medida que representa.
-
-
s
m
[HIST]
estido de roupa basta, semellante a un saco, que se poñía na antiga Roma en tempo de guerra.
-
[BOT]
-
s
m
Cavidade orgánica que presenta forma rectangular e ten unha abertura nun dos seus lados.
-
saco embrional
Corpúsculo de figura elipsoidal que nas anxiospermas está situado no interior da nucela. Corresponde ao gametófito feminino e é homólogo sucesivamente da macróspora e do prótalo dos pteridófitos heterosporos.
-
saco polínico
Cada unha das dúas cavidades dunha teca nas que se forman os grans de polen a partir do arquesporio.
-
s
m
-
[ZOOL]
-
s
m
Estrutura do corpo dos animais con forma semellante a un saco.
-
saco aéreo
Cada unha das cámaras de paredes finas que teñen as aves nas vísceras e no interior dos ósos. O seu papel é esencialmente respiratorio, e ademais facilitan o voo ao reducir a densidade do animal. Tamén presentan sacos aéreos algúns réptiles, pero neste caso teñen unha función defensiva, pois ao encherse de auga aumentan o volume do animal.
-
saco lacrimal
Depósito membranoso, situado no costado interno da base da órbita, que contén lágrimas achegadas polos condutos lacrimais onde desembocan.
-
saco visceral
Parte ou rexión dos corpos dos moluscos, situada en posición dorsal, que pode adoptar forma cónica ou experimentar unha torsión enrolándose en espiral, nos gastrópodos. O saco visceral, que está protexido pola cuncha cando o molusco a ten, contén a maior parte das vísceras.
-
saco vitelino
Bolsa do interior do ovo que contén o vitelo necesario para a nutrición do embrión.
-
s
m
-
saco de durmir
Tipo de saco acolchado utilizado para durmir en tenda de campaña ou á intemperie.
Frases feitas
-
Caer en saco roto. Esquecerse algo, non ser tido en conta ou aproveitado.
-
Ser fariña doutro saco. Ser algo moi diferente.
-
Meter no mesmo saco. Mesturar.
Refráns
- Fol sacudido non entra no muíño.
- Fol sobado máis fariña leva.
- O saco redondo leva tanto coma o langa.