Saco

Saco
[HERÁLD]

Apelido de orixe galega que trae por armas, en campo de goles, catro cintos de prata coas súas fibelas de ouro, postos e colocados en faixa. Outro, en campo de sinople, un castelo de ouro, acompañado de tres flores de lis de prata, unha en cada flanco e outra na punta, e dúas cabezas de mouro, unha en cada flanco debaixo das flores. Outro, en campo de sinople, unha espada alta de ouro, ao seu carón dous castelos do mesmo, e en punta cinco fibelas tamén de ouro, colocadas en aspa.