Sacos, Santa María de

Sacos, Santa María de

Igrexa parroquial situada en Cotobade. Construída na segunda metade do s XII, con engadidos posteriores, ten unha soa nave e ábsida rectangular. O arco triunfal é apuntado. No exterior da ábsida destacan os arquiños apoiados en canzorros con cabezas de dragón e carneiro. Conserva tres portadas románicas. A principal está formada por dúas arquivoltas tóricas apoiadas sobre columnas acobadeladas e un tímpano decorado con rosetas estreladas. A porta norte está formada por unha arquivolta tórica e ten o tímpano decorado con rosetas e círculos concéntricos, e a porta sur ten un tímpano pentagonal sobre mochetas.