sacramental

sacramental

(< sacramento)

  1. adx

    Relativo ou pertencente a un sacramento ou aos sacramentos.

  2. adx

    Que ten natureza de sacramento.

  3. adx

    Que foi adquirido en virtude dun sacramento.

  4. adx

    Que está consagrado pola lei e polo costume.

  5. adx [RELIX]

    Aplícase a cada unha das accións, ritos, obxectos ou pregrarias, instituídas e aprobadas eclesialmente a imitación dos sacramentos e que producen efectos espirituais por intercesión da Igrexa. Denominadas ata o s XII sacramenta minora, o ritual clasifícaas en consagracións, forma solemne que acompaña a certos rituais e se serve da unción, bendicións constitutivas, que adscriben unha persoa ou cousa ao ámbito sagrado, e bendicións de invocación, coas que se pide o favor divino sobre persoas ou cousas.