sacramentario -ria
(
-
adx
Relativo ou pertencente a un sacramenteo ou aos sacramentos.
Sinónimos: sacramental. -
[RELIX]
-
adx
Relativo ou pertencente á doutrina sacramentaria.
-
s
Seguidor da doutrina sacramentaria.
-
doutrina sacramentaria
Doutrina da Reforma que negaba a presenza real de Xesús Cristo na Eucaristía. Con este termo Lutero designaba os seguidores de Zwingli e de J. Oecolampadius, que se opuñan á doutrina da consubstanciación.
-
adx
-
s
m
[RELIX]
Antigo libro litúrxico latino que contiña as oracións sacerdotais necesarias para a celebración da Eucaristía, a administración dos outros sacramentos e sacramentais e o resto do oficio divino. O exemplar máis antigo que se conserva é o manuscrito de Verona (Biblioteca Capitolare, LXXXV [80]), de principios do s VII. A parte do sacramentario correspondente á celebración eucarística, coa intercalación dos cantos e das lecturas correspondentes, converteuse no Missale Mixtum, ou misal. O resto serviu para a formación do pontifical, do ritual e do breviario. Na liturxia visigoda chamábase Liber Missarum e Manuale.