Sáenz de Oiza, Francisco Javier

Sáenz de Oiza, Francisco Javier

Arquitecto. Foi autor dalgunhas das vilas novas da periferia de Madrid realizadas coa colaboración de Cubillo, Romany e Sierra como Erillas (1955), Batán (1960) e Entrevías (1956). Foi catedrático e director (1981-1983) da Escuela Superior de Arquitectura de Madrid. Das súas obras destacan as Torres Blancas (1962-1968), o Banco de Bilbao (1979) e o edificio da administración dos Recintos Feriales (1988-1991), todas elas en Madrid. Colaborou co proxecto Abrir Vigo ao Mar co deseño do centro de ocio da Laxe. Recibiu o Premio Nacional de Arquitectura polo Centro Atlántico de Arte Contemporáneo de Las Palmas de Gran Canaria e en 1993 o Premio Príncipe de Asturias das Artes.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Cáseda, Nafarroa

  • Deceso

    Lugar : Madrid