safrol

safrol
Nome científico: [4-alil-1, 2-metilendioxibenzeno:C<sub> 10</sub> H<sub> 10</sub> O<sub> 2</sub> ]
s m [QUÍM]

Éter aromático que se atopa nos aceites de alcanfor e sasafrán e que constitúe o seu principal odorífero. Emprégase en perfumaría, na manufactura de piperonal e de insecticidas e como axente desnaturalizante de graxas na manufactura de xabón.

Palabras veciñas

Safo | Safocho | safranina | safrol | 1 saga | 2 saga | Saga