Sagunt

Sagunt

Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (56.471 h [2001]). Posúe unha economía moi diversificada. O regadío céntrase nos cítricos, e no secaño cultívanse oliveiras e amendoeiras. Os principais sectores industrias son os de transformados metálicos, minerais, materiais da construción, química, alimentación, téxtil, papel e plástico.