Sahagún, Tratado de

Sahagún, Tratado de

Tratado asinado por Fernando II de Galicia e León (1157-1188) e o seu irmán Sancho III de Castela en 1158. Nel, fixaron os lindes dos seus reinos e ditaron o compromiso de non negociación con Portugal sen o consentemento de ambos. Respecto ás posibles conquistas no sur musulmán, tamén deixaron feita a repartición das terras.

Palabras veciñas

Saha, Meghanad | Sahagún | Sahagún, Bernardino de | Sahagún, Tratado de | Sáhara | Sáhara Español | Sáhara Occidental