Saintes
Saintes
Cidade do departamento de Charente-Maritime, na rexión de Poitou-Charentes, Francia, situada na ribeira esquerda do Charente (25.595 h [1999]). Correspóndese coa antiga Mediolanum Santonum, capital dos santóns. Foi bispado desde o s III ata 1790 e un centro hugonote durante as Guerras de Relixión. Destacan a catedral, románica (s XIII) e reconstruída nos XVI e XVII, e as igrexas de Saint-Eutrope (s XII) e Sainte-Marie-aux-Dame (s XII)