Salado, Batalla do
Salado, Batalla do
Enfrontamento que tivo lugar nas ribeiras do río Salado (Cádiz), o 30 de outubro de 1340 entre Afonso XI de Castela e León, aliado con Afonso VI de Portugal e con Pedro IV de Aragón, e o sultán benimerín Abū-l- Ḥ asan. A vitoria cristiá cortou o acceso das tropas musulmás norteafricanas á Península Ibérica.